Eventos
Eventos
Buscador
23/04/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Resúltache difícil xerar contido atractivo para as redes sociais? Non sabes por onde comezar coa túa estratexia dixital? Neste obradoiro práctico descubrirás como utilizar a Intelixencia Artificial (traballaremos con ChatGPT) para crear unha estratexia de contido sólida e adaptada ao teu negocio. Aprenderás a identificar o teu cliente ideal, definir os teus piares de contido e xerar publicacións que conecten coa túa audiencia. Índice de contidos: 1. Introdución ao poder da IA no marketing dixital. 2. Coñecer o teu cliente ideal. 3. Creación de piares de contidos. 4. Xeración rápida de contido listo para publicar. 5. O teu primeiro calendario de contidos. O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
23/04/2025 17:00
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Este obradoiro será presencial en Ponteareas (Plaza Mayor, 13; 36860 - Ponteareas). A fotografía de produto é o escaparate do noso local no mundo on- line, por iso debemos ser coidadosos á hora de realizar as nosas fotografías, coidar os detalles a luz e a composición son os factores máis importantes da nosa fotografía. Da calidade da nosa imaxe dependerá a capacidade de aceptación ou desexo de consumir os nosos produtos ou servizos. Neste taller repasaremos as claves e os elementos que debemos utilizar para realizar unha boa fotografía de produto. Índice de contidos: 1. Que é a fotografía de produto? 2. Claves para conseguir a fotografía perfecta. 3. Ferramentas e materiais para fotografía 4. Práctica de edición con programa on- line O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Rexistro
Calendario eventos
« | Abril 2025 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 |
- Infoprodutos II. Deseña un lead magnet para aumentar os teus subscritores21 de abril de 2025 12:00Máis información
- Woocommerce II. La solución que buscabas para vender por Internet22 de abril de 2025 12:00Máis información
- Presentación do produto mínimo viable (PMV)22 de abril de 2025 17:00Máis información
- Xera unha estratexia de contido gañadora con ChatGPT (AI)23 de abril de 2025 12:00Máis información
- Fotografía de produto para o teu E-commerce y Redes Sociales23 de abril de 2025 17:00Máis información
- Power BI dende cero II24 de abril de 2025 17:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento