Eventos
Eventos
Buscador
10/04/2025 09:30
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Este obradoiro será presencial en Ponteareas (Plaza Mayor, 13; 36860 - Ponteareas). Obradoiro dirixido a pemes e autónomos onde verá un curso básico de conceptos web, centrado na importancia dunha páxina profesional e as súas vantaxes como empresa, ademais do seu correcto posicionamento en internet mediante técnicas libres. Índice de contidos: 1. Introdución conceptos básicos 2. Que é SEO / Técnicas de SEO 3. Posicionamento interno 4. Posicionamento externo 5. Penalidade do buscador 6. Ferramentas de SEO 7. Obradoiro de SEO O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
10/04/2025 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Perfil de empresa de Google está pensado para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poidan facer, empregando o buscador de Google. Índice de contidos: 1. Introdución ao perfil de empresa de Google 2. Creación e configuración do perfil 3. Xestión e actualización da información 4. Interacción co cliente e xestión de reseñas 5. Análise e optimización para unha maior visibilidade 6. Conclusión e próximos pasos O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
Rexistro
Calendario eventos
| « | Abril 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
| 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
| 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
| 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
| 28 | 29 | 30 | ||||
- Infoprodutos I. Que son e como crealos15 de outubro de 2026 12:00Máis información
- Marketing de contidos22 de outubro de 2026 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento