Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Woocommerce é unha ferramenta moi sinxela e intuitiva que permite poder montar unha tenda online cunha catálogo non moi amplo. É un plugin de WordPress de código aberto e gratuíto que che permitirá realizar e ter a túa tenda online. Neste taller ensinámosche a instalalo, ver todas as súas características, pasarelas e formas de pago, así como incluír produtos e xestionar pedidos.

Índice de contidos:
1. Elementos a ter en conta.
2. Instalación de Woocommerce e consideracións importantes.
3. Configuración de Woocommerce.
4. Produtos Simples.
5. Produtos Agrupados.
6. Produtos Externos/Afiliados.
7. Produtos Variables.
8. Plugins (seguridade, pedidos, campos…)

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 5 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Obradoiro telemático a través de Zooom.

Este obradoiro ten como obxectivo explicar o concepto de Produto Mínimo Viable (PMV) e a súa importancia no desenvolvemento de ideas de negocio. 

Abordarase a diferenza entre PMV e prototipado, como construílo de maneira efectiva e as mellores estratexias para testarlo no mercado. 

Ademais, presentaranse exemplos reais e realizarase un exercicio práctico para aplicar os coñecementos adquiridos.

Índice de contidos: 
1. Produto minimo viable vs prototipado 
2. En que consiste o produto mínimo viable? 
3. Como construír un produto mínimo viable? 
4. Exemplos e exercicio práctico

O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en Comunicación e formadora acreditada; con máis de 10 anos de experiencia en empleabilidade, emprego e emprendemento.