Eventos
Eventos
Buscador
22/04/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Woocommerce é unha ferramenta moi sinxela e intuitiva que permite poder montar unha tenda online cunha catálogo non moi amplo. É un plugin de WordPress de código aberto e gratuíto que che permitirá realizar e ter a túa tenda online. Neste taller ensinámosche a instalalo, ver todas as súas características, pasarelas e formas de pago, así como incluír produtos e xestionar pedidos. Índice de contidos: 1. Elementos a ter en conta. 2. Instalación de Woocommerce e consideracións importantes. 3. Configuración de Woocommerce. 4. Produtos Simples. 5. Produtos Agrupados. 6. Produtos Externos/Afiliados. 7. Produtos Variables. 8. Plugins (seguridade, pedidos, campos…) O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 5 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
22/04/2025 17:00
Obradoiro telemático a través de Zooom. Este obradoiro ten como obxectivo explicar o concepto de Produto Mínimo Viable (PMV) e a súa importancia no desenvolvemento de ideas de negocio. Abordarase a diferenza entre PMV e prototipado, como construílo de maneira efectiva e as mellores estratexias para testarlo no mercado. Ademais, presentaranse exemplos reais e realizarase un exercicio práctico para aplicar os coñecementos adquiridos. Índice de contidos: 1. Produto minimo viable vs prototipado 2. En que consiste o produto mínimo viable? 3. Como construír un produto mínimo viable? 4. Exemplos e exercicio práctico O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en Comunicación e formadora acreditada; con máis de 10 anos de experiencia en empleabilidade, emprego e emprendemento.