Preparación de última hora do packaging de nadal no teu negocio

Data Inicio:  27/11/2025 12:00    
Data Fin:  27/11/2025 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Taller telemático a través de Zoom.

Aprende a crear ou mellorar o packaging de nadal con recursos accesibles. Este Obradoiro, ademais, axudarache a potenciar a Imaxe de marca local. Aprende a como transmitir emoción, marca e identidade local a través dos envoltorios.

Índice de contidos:
1. O poder do packaging de Nadal: emoción e marca
2. Solucións creativas de última hora e materiais accesibles
3. Deseño exprés e personalización do teu packaging

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Url do Evento: https://forms.gle/KciVN7A6uc6Yy49r5
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse