Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Este obradoiro pode axudarche a convertir as visitas en clientes, grazas ás palabras. Descubre como comunicar o valor dos teus produtos ou servizos de xeito claro, natural e persuasivo. Se tes unha tenda en liña, mellora as fichas de produto; se tes unha páxina web, dálle unha volta aos teus textos nesta formación.

Índice de contidos:
1. Que é o copywriting e por que inflúe nas túas ventas
2. Como escribir textos que conecten
3. Copys para páxinas clave: inicio, sobre nós, servizos…
4. Copys para fichas de produto

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.