Eventos

Buscador

    a
Obradoiro en liña a través de Zoom.

Neste segundo módulo, mergullaraste en Notion e aprenderás a estruturar de forma eficiente as túas ideas, contido e tarefas nas redes sociais. Descubrirás como crear un espazo de traballo organizado e adaptado ás túas necesidades.

Índice de contidos:
1. Introdución a Notion: conceptos básicos e creación de espazos de traballo
2. Organización de contidos e bases de datos para redes sociais
3. Creación de modelos personalizados para xestionar ideas e tarefas
4. Integracións útiles con outras ferramentas
5. Consellos para optimizar o teu fluxo de traballo diario

O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, licenciado en Deseño Gráfico Publicitario polo Colexio Universitario Monseñor de Talavera, un entusiasta da cor e o deseño con experiencia en deseño web, WordPress, posicionamento en redes sociais, mercadotecnia dixital, entre outros.