Eventos
Eventos
Buscador
04/11/2025 11:00
Obradoiro en liña a través de Zoom. Aprende a identificar os aspectos clave para protexer a túa información persoal e profesional. Este obradoiro práctico servirá como unha breve guía para axudarche a saber onde centrar os teus esforzos e sentirte protexido no día a día. Tamén é accesible para aqueles que queiran mellorar a súa seguridade dixital sen ser expertos. Índice de contidos: 1. Que é a ciberseguridade e por que é importante? 2. Principais ameazas dixitais na vida cotiá 3. Boas prácticas básicas para protexer os teus dispositivos 4. Xestión de contrasinais 5. Como identificar correos electrónicos e ligazóns sospeitosos 6. Ferramentas gratuítas para mellorar a túa seguridade 7. Consellos para protexer a túa actividade empresarial ou profesional. O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é administrador de redes e sistemas.