Eventos

Buscador

    a
Obradoiro en liña a través de Zoom.

Explora OnShape, unha ferramenta de deseño 3D baseada na nube. Aprende a crear a túa conta, configurar o teu entorno e ver pezas sen ter que deseñar desde cero.

Índice de contidos:
1. Introdución a OnShape e ao deseño na nube
2. Creación de contas e configuración inicial
3. Interface de usuario: navegación e planos
4. Visualización de pezas en 3D
5. Como compartir e colaborar en deseños
6. Vantaxes do entorno na nube fronte ao software tradicional
7. Recomendacións para comezar sen experiencia previa

O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro Tecnolóxico Educativo Informatizado) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é licenciado en Administración de Redes e Sistemas.