Eventos
Eventos
Buscador
26/11/2025 12:00
Obradoiro en liña a través de Zoom. WhatsApp é unha das principais canles de comunicación dixital no noso país e en todo o mundo: máis de 2.900 millóns de persoas usan a aplicación. É difícil atopar alguén que non se comunique a través deste medio, pero poucas empresas turísticas están a usar esta tecnoloxía para comunicarse cos seus clientes ou mesmo como plataforma de reservas. Neste obradoiro, exploraremos as diferenzas entre WhatsApp Personal e WhatsApp Business e, principalmente, as vantaxes de usar WhatsApp Business como ferramenta de mercadotecnia para os nosos aloxamentos turísticos. Dirixido a emprendedores, autónomos e pemes do sector turístico, trataremos como configurar e aproveitar esta ferramenta para os nosos alugueiros vacacionais. Índice: 1. Introdución 2. Características e configuración 3. Boas prácticas para aloxamentos O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, licenciada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestiona aloxamentos, crea paquetes, crea produtos e desenvolve presenza de marca nas redes sociais. Apasiónalle a fotografía e o marketing dixital.
Rexistro
Calendario eventos
| « | Novembro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | |||||
| 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
| 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
| 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- Como empregar a IA para facer SEO17 de setembro de 2026 12:00Máis información
- Non deixes en «Visto» as túas vendas24 de setembro de 2026 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento