Eventos

Buscador

    a
Contido: 
1.	Pin dixital e pin analóxico
2.	Servo continua e servo 180
3.	Sensor IR, potenciómetro
4.	Bitbloq, tipos de bloques, variables e funcións
5.	Condicionais, bloque Se…Executar
6.	Mapear
7.	Porto Serie
8.	Programación dunha man mecatrónica

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación
Ter instalado un sistema de reservas e dispoñibilidade online na nosa páxina web fará que o noso negocio turístico aumente a súa visibilidade e éxito na internet. Así atraerermos máis turistas, que poderán reservar antes o noso aloxamento, actividades ou servizos turísticos, coa fiabilidade de unha reserva e dispoñibilidade asegurada.
Deste xeito a nosa páxina web será unha plataforma interactiva de vendas para aforrar tempo e incrementar os beneficios.

Contidos:
¿Qué é un motor de reservas? 
¿Qué é un channel manager?
Vantaxes de dispor de un sistema de reservas e dispoñibilidade online.
Exemplos de sistemas de reservas para negocios turísticos e as súas funcionalidades.

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado.

Índice de contidos:
1- Instalación de WordPress
2- Configuración básica
3- Manexo dos temas
4- Engadir entradas ao blogue
5- Engadir páxinas
6- Xestión de plugins e widgets
7- Xestionar comentarios
8- Actualizacións
9- Formularios
10- Copias de seguridade

Nivel: intermedio

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, enxeñeiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado.

Índice de contidos:
1- Instalación de WordPress
2- Configuración básica
3- Manexo dos temas
4- Engadir entradas ao blogue
5- Engadir páxinas
6- Xestión de plugins e widgets
7- Xestionar comentarios
8- Actualizacións
9- Formularios
10- Copias de seguridade

Nivel: intermedio

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Obxectivos:
- Coñecer os diferentes tipos de marketplaces que existen na internet
- Detectar os grupos de clientes aos que se pode chegar a través de cada un deles
- Definir unha estratexia apropiada de entrada nos marketplaces baseada na tipoloxía e obxectivos de negocio.
- Coñecer a técnicas e procedementos para sacar o maior proveito da presenza da empresa en marketplaces.
- Valorar, en base a métricas, a rendibilidade e idoneidade da presenza en plataformas de terceiros (ROI).

Contido:
1. Tipos de Marketplaces
2. Marketplaces en base a  target de clientes
3. Estratexias de Negocio para marketplaces
4. Claves para sacar o máximo rendemento á nosa presenza en markets
5. Como mido a miña rendibilidade en marketplaces?

O obradoiro será impartido por Xavi Haro, especialista en comercio electrónico con máis de 10 anos de experiencia en tendas en liña, SEO e Analítica web
Este obradoiro ten como obxectivo ensinar aos asistentes a importancia de crear un blogue de calidade dentro da súa páxina web, como facelo, os seus beneficios e sobre todo como optimizalo para xeral o maior tráfico desde o posicionamento SEO e as redes sociais.

Índice de contidos:
- Que é un blogue?
- Como se crea un blogue? Publicación de entradas.
- Aspectos que melloran o posicionamento SÉ.
- Postear entradas en redes sociais. 
- Xera contido para redes sociais co contido estático da túa páxina web.
- Ferramentas de interese.

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.

Calendario eventos

« Xullo 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento