Eventos

Buscador

    a
Google My Business converteuse nunha ferramenta destacada para as empresas turísticas onde xestionar elementos chave para a visibilidade da nosa empresa ou marca e o seu posicionamiento na internet. Coñecer os factores para tener unha maior notoriedade nas búsquedas de Google e Google Maps, crear publicacións e anuncios, recibir mensaxes, recibir valoracións e reseñas son só algunhas das suas posibilidades que podes aproveitar para que a túa empresa reciba máis clientes.


Contidos:
- Crear unha conta en Google My Business
- Cómo optimizar a tua conta en Google My Business
- Adwords Express
- Outros factores clave do SEO

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.

Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google; e outras plataformas e formatos externas, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos en tempo real.


Contido:
1. Que é Google Data Studio?
2. Primeiros pasos para configurar Google Data Studio
3. Coñecendo o editor de Google Data Studio
4. Crear informes a partir dun persoal
5. Crear informes personalizados desde cero + informes en PDF
6. Limitacións de Google Data Studio + Resumo

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
As redes sociais son unha vía de difusión de contidos cada vez máis necesaria para o noso negocio. Pero para coñecer se estamos a levar a cabo unha estratexia adecuada nelas é necesario analizar os datos que nos proporcionan: Para saber se aumentaron os nosos seguidores, que publicacións teñen un mellor rendemento ou en que momento é mellor publicar, debemos recorrer á analítica cuantitativa e á interpretación cualitativa de cada un dos datos obtidos.

Neste taller aprenderemos a coñecer, localizar e interpretar as estatísticas das redes sociais máis populares para determinar se as estamos utilizando adecuadamente no noso plan de márketing. 

Índice de contidos:
1. Introdución á analítica en Redes Sociais 
2. Obxectivos e métricas máis importantes
3. Análise por rede social
3.1. Facebook
3.2. Instagram
3.3. Twitter
3.4. Linkedin
4. Ferramentas de analítica

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Neste obradoiro veremos como integrar o vídeo na túa estratexia de marketing online, recomendacións para realizar vídeos que provoquen engagement entre a túa audiencia e cales son as redes sociais (YouTube, Facebook...) que che facilitaran a tarefa de difundilos.	

Índice de contidos

• Vídeo marketing y razóns polas que incluílo na túa estratexia
• Youtube
• Vídeo noutras redes sociais: Facebook, etc.
• Aspectos técnicos e estéticos para a realización de vídeos

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.

Calendario eventos

« Xullo 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento