Eventos

Buscador

    a
Este taller dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o impacto que está a ter o Inbound Márketing. como unha forma de achegarse ao cliente, sempre poñéndoo no centro das estratexias e lembrando que quen necesita o noso produto/servizo non sempre están listos para comprar.
O Inbound Márketing móstrase como un proceso de acompañamento ao cliente ao longo de todo o seu proceso de compra.

Contidos:
• Que é Inbound Márketing
• Beneficios do Inbound Márketing
• Como se articula o Inbound Márketing
• Márketing de atracción
• Como crear a túa buyer persoa ideal
• A importancia do funnel ou embude de conversión
• Tendencias en Inbound Márketing

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
O segundo obradoiro dedicado ao SEO tratará sobre os factores externos que afectan á nosa páxina web e que inflúen no seu posicionamento e veremos as mellores prácticas SEO e a forma de medilas con analítica web para comprender e mellorar os resultados.

Índice Contidos

1. Factores SEO Semántico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización.
2. Acciones SEO fora da páxina web: ligazóns externas e estratexias de linkbuilding.
3. Introdución á analítica web e guía de boas prácticas á hora de posicionar a nosa web

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
No mundo dixital a nosa web debe estar adaptada a calqueira dispositivo, dende un smartphone ata un ordenador con pantalla retina, pero nunca debe perder a rapidez á hora de cargar. As imaxes son un dos factores que más influen no tempo de carga da nosa web, e un dos que podemos controlar con maior facilidade.
Neste obradoiro aorenderemos diferentes técnicas para lograr optimizar as imaxes e que a nosa web vse visualice no menor tempo posible e desta maneira mellorar o SEO.

Optimización de imaxes: mellora a velocidade da túa web.

1. Que é a optimización e porque debemos utilizala
2. Cómo ve-lo peso da nosa web
3. Tamanos segundo a orixe da imaxe
4. Técnicas de optimización
5. Formatos de imaxes comprimidas
6. Plugins de wordpress para comprimir imaxes.
7. Práctica: photopea e compresores en liña.

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
Neste obradoiro mostrarase as múltiples ferramentas que ten Facebook para empresas, ensinarase a como utilizalas para darnos a coñecer e para conseguir máis clientes.

Índice de contidos:
- Por que usar Facebook para a miña empresa?
- Crea unha páxina para a túa empresa
- Aumenta os seguidores da túa páxina de empresa
- Descobre os beneficios de Facebook Ads
- Estas son as ferramentas de axuda de Facebook

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
ESTE OBRADOIRO IMPARTIRASE NO VIVEIRO DE EMPRESAS DE A ESTRADA

Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado.

Índice de contidos:
1- Instalación de WordPress
2- Configuración básica
3- Manexo dos temas
4- Engadir entradas ao blogue
5- Engadir páxinas
6- Xestión de plugins e widgets
7- Xestionar comentarios
8- Actualizacións
9- Formularios
10- Copias de seguridade

Nivel: intermedio

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Obxetivos

O obxectivo do itinerario formativo en Impresión 3D Avanzada é o de capacitar ao usuario no uso avanzado das ferramentas de laminación e análises de arquivos de impresión 3D para conseguir impresións de calidade profesional e adquirir ao mesmo tempo experiencia práctica no manexo de impresoras 3D. Para iso, dedicarase o 50% do tempo de cada sesión para traballar directamente sobre as impresoras.
O itinerario componse de 4 módulos, nos 3 primeiros veremos o software de laminación Cura e no último modulo veremos algunhas funcións de Meshmixer.
Contidos

Módulo 4: "Impresión 3D Avanzada IV"

Meshmixer, instalación
Descripción do software e a súa utilidade no proceso de impresión 3D
Análise de arquivos STL
Corte de arquivos STL: Métodos de selección
Aumentar ou disminuir a resolución da malla
Laminacións de exemplo
Impresión de pezas

Para poder ter dereito ao diploma que expedirá a Deputación de Pontevedra, será necesario asistir ao 75% do total da formación (12 horas) e non superar as dúas faltas.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Este evento está enfocado para persoas empresarias e emprendedoras do sector turístico. O obxetivo do encontro non é outro que coñecerse persoalmente, poder intercambiar experiencias e establescer relación profesionais.

Durante a xornada, as persoas asistentes presentarán brevemente a súa empresa ou proxecto ante o público, co fin de darse a coñecer e crear sinerxis persoales e profesionais.
Contidos:
Que é o Copywriting?
Tipos de Copywriting
Como escribir un bo copy
Como usar o copywriting na miña web
Como usar o copywriting nas miñas redes sociais

Relator: José Luis Taboada. Inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
A día de hoxe todo o mundo oíu falar do SEO e do SEM pero, coñecemos realmente a importancia de traballar correctamente estes dous termos? Unha estratexia efectiva de posicionamento nos motores de procura ten como base a elección dunhas boas palabras crave adaptadas ao público obxectivo ao que nos diriximos, isto é sen dúbida a clave do éxito.

Neste taller ensinarémosche a buscar as palabras crave adecuadas coas ferramentas que dispón o mercado actualmente para garantir un oco no mercado online e xerar o maior número de vendas posible.

Contido

1. A importancia do SEO
2. A importancia do SEM
3. Como se buscan as palabra crave?
4. Aplicación das palabras crave
5. Ferramentas

Nivel: iniciación

O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Anterior  1 2 3