Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

Aprender as claves sobre copywriting para crear mensaxes estratéxicas que capturen a atención da túa audiencia en web e redes sociais, a través da exploración de técnicas de redacción que axudarán a comunicar o valor da túa marca.

Índice de contidos:

1. Que é o Copywriting?
2. Tipos de Copywriting
3. Como escribir un bo copy
4. Como usar o copywriting no meu web
5. Como usar o copywriting nas miñas redes sociais

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, cunha ampla experiencia en márketing dixital e ecommerce.
A través da OAPR de Cambados estase a organizar o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Este obradoiro será presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados)

Nesta primeira parte do obradoiro ten como obxectivo introducirvos no mundo da automatización desde a perspectiva dun principiante e formar profesionais e líderes empresariais no uso práctico de ferramentas de Intelixencia Artificial para automatizar procesos, mellorar a eficiencia operativa e optimizar a toma de decisións nas súas organizacións.

Índice de contidos:
1. Introdución á automatización
2. Recursos de automatización de IA
3. Que é a automatización?
4. NoCode VS Programación
5. Creación dun escenario en Make
6. Conexión de Make con outras plataformas
7. Entrada, saída e paquetes
8. Creación dun escenario como exemplo

O obradoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.