Eventos
Eventos
Buscador
20/09/2023 12:00
Como crear unha marca persoal sólida no dixital: O paso a paso para transformar a túa presenza en liña no imán do teu negocio Xa esteas a empezar co teu emprendemento ou dirixas a túa propia empresa, a túa marca persoal xoga un papel decisivo e impulsor para o teu negocio. O obxectivo da masterclass "Como crear unha marca persoal sólida no dixital" é proporcionar aos participantes unha folla de roteiro que lles axude a construír unha presenza dixital auténtica e sólida, coa que gañar visibilidade e atraer cliente en liña. Ao longo de 40 minutos Carla de Pont mostrarache os pasos e propoñerache unha serie de exercicios iniciais para que comeces a construíla con intención e de maneira xenuína de dentro cara a fóra. Na masterclass Como crear unha marca persoal sólida no dixital imos abordar os seguintes puntos: 1. Que é e que non é unha marca persoal. 2. Beneficios de crear con estratexia a túa marca persoal. 3. Os pasos esenciais para desenvolver unha presenza dixital sólida. 4. Proposta de exercicios iniciais para comezar a traballala con intención. A masterclass está deseñada para persoas emprendedoras e creadores de contido que queren converter a súa marca persoal no maior activo do seu negocio ou proxecto paralelo. O obradoiro impárteo Carla de Pont, mentora internacional de negocios dixitais de marca persoal, especializada en emprendemento en liña. A través de cursos, programas de mentoring e eventos, guía a profesionais de todo o mundo na creación, desenvolvemento e comunicación dos seus negocios dixitais de marca persoal. É doutora en comunicación, especializada en estratexia dixital, e docente en varios másteres universitarios de márketing dixital e marca persoal. A súa misión é poñer en valor o talento emprendedor e axudarlles a pasar á acción con claridade e foco, para que logren resultados de calidade no seu negocio.
Rexistro
Calendario eventos
« | Setembro 2023 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- SEO para e-commerce: Posiciona a túa tenda en liña en Google27 de setembro de 2023 12:00Máis información
- Redacta os textos da túa web ou tenda en liña para posicionarche en Google27 de setembro de 2023 17:00Máis información
- CHAT GPT e Stable Diffusion, aprende o seu funcionamento II28 de setembro de 2023 12:00Máis información
- WhatsApp Business para alugueiro vacacional28 de setembro de 2023 17:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing02 de outubro de 2023 10:30Máis información
- Optimiza a túa canle de YouTube04 de outubro de 2023 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento