Eventos

Buscador

    a
As novas tecnoloxías están a cambiar de forma moi rápida os métodos de produción tradicionais, un conxunto destas novas tecnoloxías é o que se coñece como Fabricación Dixital.

Índice de contidos: 

FreeCad IV:
		Bosquexos, banco de traballo  Part  Design e  Sketcher
		 Extrusión e baleirados
		Restricións de coincidencia,  horizontalidad,  verticalidad, cotas e igualdade. 			
Cadrados
		Restricións de  simetría,  circulos
		Bosquexos de polígonos, arcos, recortes e redondeos
		Exercicios
Escaner 3D I:
	Que é e para que serve un  escaner 3D?
	 Escaner 3D, tipoloxía
	 Escaner 3D sen contacto activos

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Google My Business converteuse nunha ferramenta destacada para as empresas turísticas onde xestionar elementos chave para a visibilidade da nosa empresa ou marca e o seu posicionamiento na internet. Coñecer os factores para tener unha maior notoriedade nas búsquedas de Google e Google Maps, crear publicacións e anuncios, recibir mensaxes, recibir valoracións e reseñas son só algunhas das suas posibilidades que podes aproveitar para que a túa empresa reciba máis clientes.


Contidos:
- Crear unha conta en Google My Business
- Cómo optimizar a tua conta en Google My Business
- Adwords Express
- Outros factores clave do SEO

Nivel: iniciación

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google; e outras plataformas e formatos externas, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos en tempo real.


Contido:
1. Que é Google Data Studio?
2. Primeiros pasos para configurar Google Data Studio
3. Coñecendo o editor de Google Data Studio
4. Crear informes a partir dun persoal
5. Crear informes personalizados desde cero + informes en PDF
6. Limitacións de Google Data Studio + Resumo

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro dirixido a pemes e autónomos, que tratará de amosar o uso do comercio electrónico dende a plataforma Prestashop. Veranse aqueles aspectos máis relevantes do comercio electrónico á hora de crear a nosa tenda en liña, ademais do proceso de instalación da plataforma. 

Contido:
Introdución ao Comercio Electrónico
Aspectos a ter en conta nunha tenda online
PrestaShop: Concepto e proceso de instalación 
Instalación dunha persoal
Personalización dunha persoal
Recursos WEB
Organización do noso e- commerce
Tenda configurada: Xestión de Pedidos e de Clientes 

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
O turismo é un dos sectores que máis entran polos ollos, unhas boas fotografías, vistosas e que atraian ao viaxeiro é o que precisamos. 
O 80% das vendas no sector turístico está determinado polo tipo de imaxe que damos a través dos medios dixitais, debemos coidar as nosas fotografías como establecemento e saber como aproveitar as liñas no espazo.

Índice de contidos: 
1. Observa a túa contorna 
2. Tipos de espazos e a súa importancia 
3. Prepara o espazo que vas fotografar 
4. Composición e perspectivas. 
5. A luz que baña o noso espazo. 
6. Detalles que marcan a diferenza. 
7. Qué tipo de cámaras podemos usar.

Nivel: Iniciación 

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas.

Contido:
• Introdución ao E-mail Marketing
• Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing
• Deseño en E-mail Marketing
• Ferramentas
• Recomendacións para crear campañas perfectas

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por Natalia Martínez, xornalista especializada en comunicación corporativa e márketing dixital, con máis de 10 anos de experiencia executando proxectos dixitais multidisciplinares e asesorando a empresas e marcas. Nos últimos anos foi docente especialista en publicidade dixital e analítica web para o Máster de Márketing Dixital da USC.
Queres presentar de forma efectiva o teu proxecto en tan só 5 min?
Tes tan só 5 min e tes que namorar á audiencia, non terás unha segunda oportunidade para crear unha boa primeira impresión , no taller aprenderás a traballar os 3 bloques craves para que che salga unha presentación espectacular.

"Como presentar a túa idea de forma efectiva en tal só 5 minutos"

Bloque 1. Presentación visual
Bo deseño de diapositivas
Coñecer a materia
Empezar e acabar con forza
Coherencia e control do tempo
Repeticións de palabras crave

Bloque 2. Presentación corporal
Conectar coa audiencia
Movemento ,o adecuado
Ritmo adecuado
Interacción coa audiencia
Control da voz
Vestimenta acorde

Bloque 3. Estuda o recinto
Coñece ao teu público
Comproba os medios
Xestiona o tempo
Comproba a contorna
Palabras descoñecidas

O taller será impartido por Avelino Correa, fundador da APP CreapCuentos. Colaborador de eventos de emprendemento, con máis de 16 anos de experiencia no campo da Tecnoloxías de Información e Comunicación.