Eventos
Eventos
Buscador
20/05/2025 09:30
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Este obradoiro será presencial en Ponteareas (Plaza Mayor, 13; 36860 - Ponteareas). Este obradoiro está dirixido a pemes e autónomos, e tratará de dar a coñecer diversas utilidades relacionadas coas xestións administrativas coas administracións públicas (AAPP). O obxectivo principal deste obradoiro é dar a coñecer a obtención, utilización e aplicación das devanditas ferramentas e entre elas veremos todas as utilidades do DNI electrónico ( DNIe) e do certificado dixital ademais de querer aprender as súas vantaxes prácticas nos Primeiros pasos na Administración Electrónica. Índice de contidos: 1. Introdución á e-administración Beneficios do Inbound Marketing 2. Que é un Certificado Dixital? 3. Para que serve un Certificado 4. Como obter o noso Certificado Dixital 5. Que é o DNI Electrónico 6. Que é Cl@ve Identidade electrónica para as administracións 7. Chave 365 8. Frima dixital O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
20/05/2025 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Se queres dar a coñecer o teu traballo, vender máis e facer medrar a túa marca, este obradoiro é para ti. Aprenderás a definir a túa identidade artesanal, e coñecer como establecer prezos xustos, escoller os canais de venda que mellor se adapten a ti e usar as redes sociais de xeito estratéxico. Veremos ferramentas dixitais sinxelas e exemplos reais adaptados ao mundo da artesanía. Índice de contido: 1. Construcción de marca 2. Estratexia de ventas e prezos 3. Marketing Dixital 4. Redes Sociais O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.