Eventos
Eventos
Buscador
08/05/2025 09:30
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Este obradoiro será presencial en Ponteareas (Plaza Mayor, 13; 36860 - Ponteareas). Daremos a coñecer a ferramenta WhatsApp Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería WhatsApp. Con esta app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes. Índice de contidos: 1. Introdución a WhatsApp 2. Whatsapp vs. WhatsApp Business 3. Crear unha conta en WhatsApp Business 4. Novas funcionalidades O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
08/05/2025 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Neste obradoiro aprenderás a crear contido en vídeo para o teu Instagram de forma creativa. Veremos que tipos de vídeos funcionan mellor na plataforma, falaremos de reels, e como planificar o teu contido para conseguir alcance co contido de vídeo. Coñecerás ferramentas accesibles como Edits e CapCut para editar vídeos, engadir música, texto, e tamén como aproveitar recursos visuais e tendencias para destacar entre a competencia. 1. ¿Que é o contido en vídeo? 2. ¿Onde podemos usar este contido dentro de Instagram? 3. Falemos de REELS 4. Gravación con smartphone: conceptos básicos 5. Tipos de vídeos e contidos 6. Edita o teu vídeo: edits 7. Vídeos rápidos con CapCut e con Canva 8. Sube ti o contido creado a Instagram El taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Enseñanzas Artísticas de Diseño Gráfico, con experiencia en fotografía de producto y composición fotográfica creativa.