Eventos

Buscador

    a
Este networking terá lugar PRESENCIALMENTE na oficina de Smartpeme Lalín (Viveiro de empresas, Polígono Lalín 2000, parcela E) o vindeiro xoves 19 de maio entre as 12:00 e as 14:00 horas.

Contará con catro mulleres empresarias e emprendedoras que nos relatarán a súa historia, de como comezaron os seus proxectos, que retos e desafíos tiveron que enfrontar e, tamén, as oportunidades que lles xurdiron.

As mulleres relatoras da xornada son:

•	Alba Iglesias do Centro Wellness
•	Elvira Blanco de As Bicadas – Aceite de Oliva
•	Elvira Ferreiro de Elvira Ferrereiro Estética Avanzada
•	Mabel Vidal de Casa Cacheiro – Casa Rural

 A xornada continuará cunha sesión de networking co fin de crear sinerxias entre os negocios da Comarca do Deza – Tabeirós así como facilitar a interacción entre as persoas asistentes.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Este obradoiro está dirixido a pemes e autónomos, e tratará de dar a coñecer como crear un servidor local onde poder instalar WordPress.

Isto vainos a servir para: 
•	Aprender como poderiamos instalar nun servidor calquera noso WordPress. 
•	Facer probas. 
•	Montar unha web en modo Offline e logo exportala ao servidor en liña. 

Contidos:
1	Para que serve instalar WordPress nun servidor local?
2	Crear unha contorna de probas para WordPress en local con XAMPP
3	Crear unha contorna de probas para WordPress en local con WAMP
4	XAMPP vs WAMP
5	Migrar WordPress de local (localhost) ao Aloxamento
6	Conclusións

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro telemático a través de Zoom

A fotografía de produto é o escaparate do noso local no mundo on- line, por iso debemos ser coidadosos á hora de realizar as nosas fotografías, coidar os detalles a luz e a composición son os factores máis importantes da nosa fotografía.

Da calidade da nosa imaxe dependerá a capacidade de aceptación ou desexo de consumir os nosos produtos ou servizos. Neste taller repasaremos as claves e os elementos que debemos utilizar para realizar unha boa fotografía de produto.

Índice de contidos:
1. Que é a fotografía de produto?
2. Claves para conseguir a fotografía perfecta.
3. Ferramentas e materiais para fotografía
4. Práctica de edición con programa on- line

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.