Eventos

Buscador

    a
No mes de maio iniciamos un novo itinerario de Fabricación Dixital cun formato mixto, haberá talleres en liña e practicas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro.

O obxectivo é o de dar a coñecer e familiarizarse coas tecnoloxías implicadas nun proceso de fabricación dixital, non só a nivel teórico, senón que facemos especial fincapé en que o asistente teña un contacto real coa tecnoloxía e que poida experimentar con ela, que sexa capaz de deseñar unha peza en 3D e póidaa fabricar no Fab Lab en por si.

O itinerario consta dun total de 50 h de formación.

30 horas de formación en liña onde se verán:
Debuxo 3D con Onshape – 16 h
Impresoras 3D de filamento, materiais - 8 h
Impresoras 3D de resina, materiais – 4 h
Escáner 3D – 2 h

20 horas de prácticas no Fab Lab

Impresoras 3D filamento – 8 h
Impresoras 3D resina – 8 h
Escaneo 3D – 4 h

Non é necesaria experiencia previa, o itinerario parte desde cero e dará comezo o día 3 de maio e finalizará o 14 de xullo cunha cadencia de dous talleres semanais os martes e os xoves.

Aforo limitado. Prazas dispoñibles 12.

Estará dispoñible un certificado de asistencia ao itinerario onde se reflicten as horas de formación recibida e o temario detallado impartido. Para a obtención do devandito certificado é necesario asistir ao 75 % da formación en liña e ao 100% da formación presencial.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Seguindo o itinerario "Impulsa a cultura sostible e a responsabilidade social no teu negocio", a súa segunda parte terá como obxectivo coñecer os 17 ODS que son unha chamada clara á acción de persoas, institucións e PEMES coa súa responsabilidade cara un desenvolvemento a favor para a sociedade, o planeta e a prosperidade. 

Veremos exemplos prácticos que cada pequeno negocio pode accionar para afrontar estos obxectivos de desenvolvemento sostible. A segunda parte deste obradoiro abordará ferramentas que os negocios poden poñer en marcha para auditar, entender prioridades e facer un xiro máis sostible dos seus procesos. Remataremos esta xornada con exemplos de casos de éxito.

ÍNDICE: 

1. Os ODS 
2. Ferramentas 
3. Casos de éxito

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.