Eventos
Eventos
Buscador
26/03/2019 17:00
O proxecto consiste na programación dun ascensor de 3 pisos, a dificultade radica en resolver a máquina de estados e programala. Índice de contidos: - Chasis ascensor (impreso en 3D) - Máquina de estados II, Variables, funcións, If… else…, swich case. - Pulsadores, IR, zumbador, leds, servos, porto seri O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Unha das dificultades coas que se atopan as pequenas e medianas empresas turísticas é a realización de trámites na administración pública vía electrónica. Neste taller trataremos conceptos que van desde como acceder e modificar os datos que a Administración ten sobre el, o tramitar altas/baixas/cambios da túa empresa, solicitude e seguimento de subvencións, facturación, ata a participación en diferentes programas de promoción e comercialización dos entes de xestión turística. Índice de contidos: • Turespazo: extranet sectorial que se establece entre o sector turístico e a Administración Turística de Galicia a través de Internet. • Firma dixital e facturación electrónica/ FACE. • Entes de xestión turística: Turismo Rías Baixas, Turismo de Galicia e Mapa Xeodestinos turísticos. • Exemplos e trámites para a participación en plans de promoción e comercialización de recursos turísticos: Ruta do veu Rías Baixas (Experiencias enoturísticas), Galicia turismo rural (Experiencias), Turismo. gal (“Plans”). O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
26/03/2019 17:00
O obradoiro será impartido por Ángel Ansoar, Graduado en Ciencias Empresariais, Máster en Banca e Finanzas e Posgrao en Xestión Empresarial da Innovación, quen actualmente desempeña o seu labor profesional en KPMG. A súa experiencia centrouse na elaboración de plans de negocio para proxectos innovadores.
Linkedin é a rede social principal para crear contactos profesionais, proporciona unha canle de tráfico á web das empresas e autónomos, axuda a mellorar a visibilidade en Google e permite afianzar marcas e ampliar a carteira de contactos. Para iso, existen unha serie de accións de márketing que axudarán á empresa para sacarlle maior rendemento a esta rede social de contactos profesionais. Este obradoiro axudará a crear as estratexias de márketing máis oportunas para optimizar as páxinas de empresa nesta rede social de contactos. Índice de contidos: • Obxectivos das empresas en Linkedin • Exemplos de páxinas de empresa en Linkedin • Optimización da páxina empresarial ás 100% • Estratexias de márketing - Involucra aos teus empregados - Utiliza contido de valor: Slideshare - Grupos: crea e participa - Linkedin Ads - Crea o perfil noutros idiomas O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
26/03/2019 19:00
A fotografía de produto é o escaparate do noso local no mundo on- line, por iso debemos ser coidadosos á hora de realizar as nosas fotografías, coidar os detalles a luz e a composición son os factores máis importantes da nosa fotografía. Da calidade da nosa imaxe dependerá a capacidade de aceptación ou desexo de consumir os nosos produtos ou servizos. Neste taller repasaremos as claves e os elementos que debemos utilizar para realizar unha boa fotografía de produto. Índice de contidos: 1. Que é a fotografía de produto? 2. Claves para conseguir a fotografía perfecta. 3. Que necesitamos para facer boas fotografías de produto? 4. Elementos para realizar as fotografías. 5. Requisitos de tendas on- line (tamaños, calidade, etc.) 6. Práctica de edición como programa on- line. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
26/03/2019 19:00
O obradoiro está orientado a axudar as empresas e autónomos a coñecer os recursos e as ferramentas informáticas máis comúns para a mellora da xestión e funcionamento do seu negocio. Índice de contidos: 1.- Os diferentes dispositivos. 2.- Sistemas IOS, Android. 3.- As app’s. 4.- Conectividad Wi-fi y “x”G. 5.- App´s de Movilidad: • Correo electrónico, contactos e calendarios (Gmail, Outlook.com) • Almacenamiento na nube (DropBox, Google Drive, OneDrive) • Google Maps • Google Earth • Google Calender • Google Traductor • Banca Electrónica • Videoconferencia (Facetime, Skype, Hangouts) • Geolocalización • Video vixilancia, cámaras IP • Invoice2Go (facturas dende a nube) • Imprimir dende o móvil • Control Remoto (RDP) (Teamviewer, Logmein) • App’s de pago e gratuitas. O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Rexistro
Calendario eventos
« | Marzo 2019 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google16 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Como calcular a rendabilidade do teu aloxamento17 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Desenvolvemento de clientes paso a paso: explora, valida e lanza22 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Aplicacións de IA para automatizar procesos na túa empresa I23 de xullo de 2025 17:00Máis información
- Ferramentas de Google para usar no día a día do teu negocio28 de xullo de 2025 11:00Máis información
- Deseño 3D online con OnShape 2, Deseño básico29 de xullo de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento