Eventos
Eventos
Buscador
02/12/2022 11:00
O obxectivo do itinerario é o de iniciarse e adquirir certa soltura cun das linguaxes de programación máis populares actualmente como é Arduino, farémolo desenvolvendo unha serie de talleres teóricos en liña e realizaremos talleres prácticos para experimentar o aprendido desenvolvendo montaxes como programar unha man mecatrónica, un brazo robótico ou un sistema hidropónico. O itinerario completo é de 24h de formación, 12 teóricas e 12 prácticas. Divídese en dous partes: -Programación con Arduino I, son 4 talleres 3 deles teóricos de 2 horas de duración cada un e en liña e un cuarto taller práctico presencial de 4 horas. Facendo un total de 10h formativas. -Programación con Arduino II, son 5 talleres 3 deles teóricos de 2 horas cada un e en liña e outros 2 prácticos presenciais de 4 horas cada un. Facendo un total de 14 horas formativas. Índice de contidos: - Funcións - Hidroponía conceptos básicos - Programación sistema hidropónico O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Rexistro
Calendario eventos
« | Decembro 2022 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- O teu contido efémero: Stories en Facebook e Instagram13 de decembro de 2023 12:00Máis información
- Márketing social: estratexias dixitais para entidades do terceiro sector13 de decembro de 2023 18:00Máis información
- Intelixencia Artificial, iniciación con robots14 de decembro de 2023 12:00Máis información
- CRO: Como mellorar as ventas da túa web18 de decembro de 2023 12:00Máis información
- Copywriting para empresas turísticas20 de decembro de 2023 12:00Máis información
- Novas tendencias en turismo: Turismo Petfriendly20 de decembro de 2023 17:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento