Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Google Analytics evolucionou. O modo no que Google recompila a información dos usuarios que acceden á nosa web e o modo no que nola mostra para a súa análise, cambiou para sempre. Esta evolución materialízase nunha nova ferramenta: Google Analytics 4. Este obradoiros realiza unha primeira aproximación a esta ferramenta, fundamental para calquera sitio web. Poñeranse de manifesto as diferenzas co actual Google Analytics (Universal), veremos como configurala e como comezar a sacarlle partido, de modo que nos axude na toma de decisións do noso negocio.

Índice:
1. Google Analytics: Comparativa de versións
2. Crear propiedade de Google Analytics 4
3. Interface, informes e configuracións recomendadas
4. Comprende aos visitantes da túa web

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

O mundo dixital representa un modelo de negocio e un crecemento empresarial. Por que este potencial non o poden empregar tamén asociacións, fundacións, cooperativas ou empresas con fins sociais?
Neste taller revisaremos as principais estratexias en liña, as ferramentas e as canles máis axeitadas dispoñibles para as entidades do terceiro sector para funcionar no contorno dixital, atendendo aos seus principais obxectivos e necesidades.

1. Introdución.
2. Obxectivos e particularidades do terceiro sector no ámbito dixital.
3. Estratexias e canles de captación, captación de fondos e imaxe corporativa.
4. Ferramentas.
5. Exemplos de éxito.

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing en liña.