Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

Estámonos dixitalizando a pasos  axigantados xa que as circunstancias empúrranos a elo. Por iso, ofrecer webinars é unha das opcións que máis se solicitan hoxe en día para compartir contido no ámvito dixital. Neste obradoiro aprenderemos que tipo de contido podemos compartir, que medios temos dispoñibles, como realizar as grabacións, que recursos gráficos podemos aproveitar para transmitir mllor a información e que plataformas de transmisión en directo podemos usar, entre outras cousas. Unha información útil que poderás extrapolar o teu propio proxeecto ou negocio.

1. Que é un webinar
2. Estrutura e contido principal
3. Grabación
4. Plataformas para realizar directos
5. Edición, presentacións e grafismos.


O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Desde a súa popularización, o fin último das redes sociais non foi a venda directa, senón o “social selling”. É dicir, a súa utilización por parte de negocios ou profesionais consistía en conectar e fomentar conversacións con posibles clientes e clientes, co fin de establecer unha relación de confianza e acompañalos no proceso de compra. Pero, e se unha vez afianzada esta relación de confianza, sen saír da rede social, permitimos que os nosos clientes dispoñan do noso catálogo de produtos para a súa compra (case) directa? Dous das redes con máis usuarios activos na actualidade, Facebook e Instagram, xa o permiten, e neste taller veremos os requisitos, configuración e estratexias para implementar o noso catálogo de produtos en Facebook e poder compralo directamente desde as nosas publicacións en Facebook e Instagram.

Índice de contidos:
- Introdución: As RRSS como ferramenta de venda directa
- Crea a túa tenda en Facebook
- Vende a través de Instagram
- Exemplos de éxito

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.