Eventos

Buscador

    a
Imos coñecer a técnica coñecida como Bokeh, que consiste no efecto óptico mediante o cal enfocamos ben o elemento principal e deixamos o resto dos elementos desenfocados, normalmente luces desenfocadas, resultando por ela unha técnica práctica para conseguir que as túas fotos resalten este nadal.

Índice de contidos:
- Que é o bokeh?
- Como se consegue ese desenfoque?
- Bokeh con smartphones
- Mellora a túa composición utilizando esta técnica
- Bokeh con formas, que necesito?

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.