Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

O obxectivo deste taller é dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade.
Google My Business está pensado para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poidan facer, empregando o buscador de Google

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro aproximarémonos ao mundo do IoT. Describiremos que é, cales son as súas características e os elementos que interveñen. Co fin de aproximar esta tecnoloxía aos usuarios, farase unha pequena demostración.

Índice de contidos:

Que é IoT?
Manifesto IoT de Arduino.
Elementos que interveñen en IoT.
As tres preguntas para calquera proxecto IoT.
Pequena demostración práctica.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.


Inscricións a través da seguinte ligazón: