Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

Este obradoiro dirixido a PEMES e persoas autónomas, tratará de ampliar os teus coñecementos para a xestión dun negocio cara Internet desenvolvendo as estratexias de márketing online adecuadas para optimizar os resultados. Aprende a xestionar todo tipo de campañas de márketing (SEO, SEM, afiliación, e-mail márketing, mobile márketing, etc.) coas ferramentas máis efectivas.

Contidos:
• Introdución
• Investigación en liña
• Investigación e posicionamento
• Analítica

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Obradoiro telemático a través de Zoom

O email márketing segue a ser unha ferramenta esencial na estratexia de márketing dixital de todo negocio. Tanto é así, que existen ferramentas que nos axudan a que este proceso se convirta en áxil, eficiente e rápido. Neste obradoiro, aprenderemos e coñeceremos a ferramenta Sendinblue e cómo sacarlle o mellor partido. Crearemos campañas de email, editaremos plantillas, comprobaremos para que serve cada sección da ferramenta e deixarémola configurada correctamente para mellorar a nosa produtividade.

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.

Inscricións a través da seguinte ligazón: