Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

O obxectivo deste taller será aprender como funcionan as novas redes sociais e sacar o máximo rendemento ás que xa existían anteriormente para innovar a imaxe do noso establecemento turístico.

Os principais puntos do taller son:

1) Por que necesitamos as RRSS en turismo?
2) Etapas de compra dun turista
3) O poder dos Stories en Turismo
4) WhatsApp Business
5) Tik Tok
6) Redes alternativas

O taller será impartido por Mariana Rosa, Técnica superior en Axencia de viaxes e xestión de eventos e Graduada en Turismo, que conta cunha gran experiencia no ámbito da comunicación turística e os seus beneficios para este sector.

Inscricións a través da seguinte ligazón: