Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro aprenderemos a utilizar unha cámara réflex no seu modo manual, sacarlle o maior rendemento dependendo da luz externa que teñamos ou que podamos conseguir no momento de fotografar.
Coñecementos básicos para comezar coa nosa cámara, poderás traer a túa propia cámara para probar diferentes modos, os parámetros e facer probas no momento de realizar o taller.


ÍNDICE
1. Partes dunha cámara réflex.
2. Exposición e fotómetro da cámara.
3. Parámetros manuais da cámara.
4. Modos principais e as súas funcións: P-A- S-M.
5. Opcións do obxectivo: ZOOM, AF – MF.
6. Obxectivos e as súas especificacións.
7. Resultados segundo a luz exterior.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.