Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

O email márketing segue a ser unha ferramenta esencial na estratexia de márketing dixital de todo negocio. Tanto é así, que existen ferramentas que nos axudan a que este proceso se convirta en áxil, eficiente e rápido. Neste obradoiro, aprenderemos e coñeceremos a ferramenta Sendinblue e cómo sacarlle o mellor partido. Crearemos campañas de email, editaremos plantillas, comprobaremos para que serve cada sección da ferramenta e deixarémola configurada correctamente para mellorar a nosa produtividade.

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.

Inscricións a través da seguinte ligazón: