Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

No contexto actual a transformación dixital acelerouse no sector da hostelaría. As ferramentas dixitais convertironse nun aliado imprescindible para a reapertura e competitividade dos establecimentos de restauración. Reduceuse o aforo, non podemos entregar a carta, é necesario evitar o contacto físico, etc polo que necesitamos implementar novas ferramentas que nos faciliten formulas seguras, confiables e a vez sinxelas e áxiles.

Con solucións para a promoción, comercialización e distribución, a xestión, a seguridade, a operativa e a experiencia dos usuarios teñen aflorado multitude de aplicacións, programas de softwere e canles de comercialización online que chegaron para integrarse no noso día a día.

Contidos:
Cartas dixitais
Motores de reservas
Delivery e take away
Ferramentas de pago
Outras iniciativas de interese.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballei como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
16/06/2020 19:00
Obradoiro telemático a través de Zoom

Neste obradoiro poderás coñecer cómo crear unha campaña de publicidade en Facebook Ads dunha maneira eficiente e práctica. Ideal para aquelas persoas que se inician no eido da publicidade de pago, coñecerán como segmentar e deseñar un anuncio publicidade baixo os obxectivos prefixados da campaña.

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa

Inscricións a través da seguinte ligazón:

Calendario eventos