Eventos

Buscador

    a
O obxectivo deste taller a introdución na creación de Aplicacións para dispositivos Android desde o punto de vista da robótica. Crearemos unha APP que sexa capaz de comunicarse bidireccionalmente coa placa Arduino, será capaz de enviar e recibir datos en tempo real; para iso, deseñaremos unha APP para controlar un robot con sensores de ultrasóns, debe funcionar en modo manual e automático á vez que mostrará a lectura do sensor en pantalla. O soft empregado para crear a APP é App Inventor e o soft para programar a placa Bitbloq.

Aínda que con App Inventor partimos desde 0, se é necesario ter coñecementos previos de programación con Arduino ou estar familiarizado coa contorna de programación de Bitbloq.

É recomendable traer o seu propio portátil e un dispositivo (móbil ou Tablet) Android. IO non vale. Tambien é necesario ter unha conta de GOOGLE.

Contidos: 

1-	Movendo o robot cos sensores
1.1-	 Bitbloq, implementado o sensor  US
1.2-	App inventor, implementado o sensor  US
2-	Eventos con sensores do dispositivo Android

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación
O obradoiro será impartido por Cristina Collazo da plataforma Volta  Montana. É diplomada en Turismo pola USC, Licenciada en Publicidad y Relaciones Públicas polo ESIC-URJC, e conta con dous posgraos, un en Xestión Cultural da USC, e outro de Industrias Creativas tamén da USC. 

Con experiencia en diferentes axencias de publicidade, e en anunciantes do sector cultural e turístico como hoteis, festivais, axencias de viaxes, fundacións e entidades culturais etc. e de longas viaxes por América e Asia, colaborando con diferentes entidades turísticas e culturais, Cristina volta á súa terra, a Galicia, para facer unha proposta que abordaba unha necesidade clara, a de presentarlle Galicia á xente de fóra, e tamén aos propios galegos dun xeito máis atractivo, fácil e interesante. Nace así Volta Montana, como unha proposta de turismo activo que a través de rutas de senderismo interpretadas pretende dar a coñecer Galicia máis alá dos lugares que saen nas guías. 

Nesta xornada, falaremos de como chegamos ao concepto Volta Montana, de como foron os comezos, de acertos mais tamén de erros; veremos cal é a súa estratexia de marketing e as canles utilizadas que mellor funcionan, como comercializar o produto turístico e cales son as propostas de futuro. 
Desde a súa popularización, o fin último das redes sociais non foi a venda directa, senón o “social selling”. É dicir, a súa utilización por parte de negocios ou profesionais consistía en conectar e fomentar conversacións con posibles clientes e clientes, co fin de establecer unha relación de confianza e acompañalos no proceso de compra. 
Pero, e se unha vez afianzada esta relación de confianza, sen saír da rede social, permitimos que os nosos clientes dispoñan do noso catálogo de produtos para a súa compra (case) directa? Dous das redes con máis usuarios activos na actualidade, Facebook e Instagram, xa o permiten, e neste taller veremos os requisitos, configuración e estratexias para implementar o noso catálogo de produtos en Facebook e poder compralo directamente desde as nosas publicacións en Facebook e Instagram.

Índice de contidos

- Introdución: As RRSS como ferramenta de venda directa
- Crea a túa tenda en Facebook
- Vende a través de Instagram
- Exemplos de éxito

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Descrición taller:
Como recoñecer ao teu cliente obxectivo, como captalo e como fidelizalo serán as bases do noso taller, onde poderás coñecer diferentes técnicas e estratexias para chegar ás túas  leads e aumentar as posibilidades de convertelos en clientes potenciais. 

Contido:
1. Que é un cliente? 
2. Estratexias dixitais de captación 
3. Fidelización e outras maneiras de namorar

O taller será impartido por Ana Mariño Nieves, xestora de contas de  Tamarino Web & Marketing. Licenciada en Publicidade e técnica en turismo. Durante a súa carreira profesional ha compaxinado as súas tres vocacións: A publicidade, o turismo e as vendas.