Eventos

Buscador

    a
Obradoiro online a través de Zoom.

Domina os slicers coa configuración avanzada para levar as túas impresións 3D ao seguinte nivel. Aprende como fusionar e dividir pezas, facilitando a impresión de modelos complexos, aplica modificadores por zonas para axustar parámetros e  mellorar a eficiencia e calidade final da túa impresión.

Índice de contidos:

1. Perfís personalizados de impresión e material
2. Fusión e división de modelos
3. Modificadores por zonas e axustes locais
4. Optimización do tempo de impresión
5. Corrección de erros nos modelos 3D
6. Trucos e funcións avanzadas dos slicers

O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Educación e Formación) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC e experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Administrador de redes e sistemas.
A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme+

Obradoiro telemático a través de Zoom.

Woocommerce é unha ferramenta moi sinxela e intuitiva que permite poder montar unha tenda online cunha catálogo non moi amplo. É un plugin de WordPress de código aberto e gratuíto que che permitirá realizar e ter a túa tenda online. Neste taller ensinámosche a instalalo, ver todas as súas características, pasarelas e formas de pago, así como incluír produtos e xestionar pedidos.

Índice de contidos:
1. Elementos a ter en conta.
2. Instalación de Woocommerce e consideracións importantes.
3. Configuración de Woocommerce.
4. Produtos Simples.
5. Produtos Agrupados.
6. Produtos Externos/Afiliados.
7. Produtos Variables.
8. Plugins (seguridade, pedidos, campos…)

O obradoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

En numerosas ocasións os emprendedores e empresas consolidadas lánzanse a realizar accións de márketing online, sen ter un plan de márketing dixital previo: publicar calquera contido e en calquera momento en redes sociais, crear un artigo no blogue sen realizar un estudo previo da temática, facer publicidade sen un obxectivo claro… A consecuencia: o fracaso das súas campañas dixitais.

Un Plan de Márketing Dixital é esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online. Neste taller entenderemos que é un plan de márketing dixital, para que serve e como crear o noso paso a paso cun exemplo real.

Índice de contidos:
1. Que é un Plan de Márketing Dixital
2. Por que o necesito? Beneficios
3. Pasos para crear o teu Plan de Márketing Dixital

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Obradoiro telemático a través de Zoom.

Elementor é un construtor gratuito de páxina de WordPress. Isto quere dicir que che permite crear sitios web de WordPress profesionais da forma máis doada e rápida posible, sen tocar código e sen saber de programación. Neste obradoiro aprenderemos a instalalo, configuralo e traballar con el para crear a nosa páxina web ou tenda dende 0.

Índice de contidos
1. Primeiros pasos
2. Instalación de WordPress e Elementor
3. Como deseñar con Elementor
4. Conclusións

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Este obradoiro está dirixido a calquera persoa que teña un sitio web que os usuarios visitan, pero as solicitudes de orzamentos, as chamadas e as vendas non chegan ou son menos do esperado.

O noso sitio web ou tenda en liña é unha ferramenta para acadar unha serie de obxectivos como profesional ou empresa. Se non os estamos a conseguir, é necesario saber por que e como resolvelos. Aquí é onde entra en xogo a CRO (Optimización da Taxa de Conversión).

Neste obradoiro, analizaremos este concepto, identificaremos por que os usuarios non están a converter no noso sitio web e aprenderemos técnicas básicas, pero infalibles, para transformar os visitantes en clientes.

Índice de contidos:
1. Optimización da Taxa de Conversión dun sitio web
2. Recomendacións de CRO
3. Ferramentas de CRO

O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
A través da OAPR de Cambados estase a organizar o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Obradoiro presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da Calzada s/n; 36630 - Cambados)

O Kit Dixital é unha iniciativa do Goberno español dirixida a pemes e autónomos co obxectivo de impulsar a súa transformación dixital a través de axudas financeiras. Neste obradoiro, guiarémosche por todo o proceso para acceder a estas axudas e aproveitar ao máximo os seus beneficios.

Índice de contidos:
1. Que é o Kit Dixital?
2. Que condicións se deben cumprir para solicitar?
3. Representante voluntario
4. Servizos incluídos no Kit Dixital
5. Proceso de solicitude
6. Condicións administrativas e fiscais
7. Proceso de inicio do proxecto
8. Desenvolvemento do servizo
9. Xustificacións do servizo
10. Xustificación da finalización do Kit Dixital
11. Que ocorre cando remata o programa?
12. Preguntas e dúbidas

O obradoiro será impartido por Ángel Chantre, emprendedor e profesional do márketing dixital con máis de 16 anos de experiencia. Tamén actúa como axente dixital autorizado dentro do programa Kit Dixital, axudando a autónomos e pemes a acceder a subvencións para transformar dixitalmente os seus negocios.
Obradoiro telemático a través de Zoom

Aprender as claves sobre copywriting para crear mensaxes estratéxicas que capturen a atención da túa audiencia en web e redes sociais, a través da exploración de técnicas de redacción que axudarán a comunicar o valor da túa marca.

Índice de contidos:

1. Que é o Copywriting?
2. Tipos de Copywriting
3. Como escribir un bo copy
4. Como usar o copywriting no meu web
5. Como usar o copywriting nas miñas redes sociais

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, cunha ampla experiencia en márketing dixital e ecommerce.
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Este obradoiro será presencial en Ponteareas (Plaza Mayor, 13; 36860 - Ponteareas).

Neste obradoiro práctico exploraremos como utilizar Canva para construír e organizar a identidade visual da túa marca dun xeito profesional e accesible e poder utilizala no material visual do teu negocio. 

Índice de contidos:
1. Presentación de Canva
2. Crea o teu mini manual de marca
3. Kit de marca e carpetas de recursos
4. Dossier ou presentación da túa marca
5. Plantillas para o teu negocio
6. Vídeos co estilo da túa marca

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, licenciada en Deseño Gráfico e Estudos Artísticos, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.

Obradoiro telemático a través de Zoom

O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade.

Perfil de empresa de Google está pensado para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poidan facer, empregando o buscador de Google.

Índice de contidos:
1. Introdución ao perfil de empresa de Google
2. Creación e configuración do perfil
3. Xestión e actualización da información
4. Interacción co cliente e xestión de reseñas
5. Análise e optimización para unha maior visibilidade
6. Conclusión e próximos pasos

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
A través da OAPR de Cambados estase a organizar o seguinte obradoiro para SmartPeme+

Este obradoiro será presencial no Centro ExpoSalnés (Paseo da calzada s/n; 36630 - Cambados)

Neste obradoiro, analizaremos os custos fixos e variables que unha propiedade debe ter en conta para calcular o seu punto de equilibrio. Exploraremos fórmulas que nos permitirán calcular a rendibilidade utilizando cifras da base de datos, facturas e reservas. Poderás levar para casa un modelo para crear os teus propios cálculos e aplicalos á túa propiedade.

Índice de contidos:

1. Introdución á análise económica nos aloxamentos
2. Identificación de custos fixos e variables
3. Como calcular o punto de equilibrio
4. Fórmulas básicas para medir a rendibilidade
5. Uso de datos reais: reservas, facturas e bases de datos
6. Modelo práctico para usar na túa propiedade

O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, licenciada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionar aloxamentos, crear paquetes, produtos e presenza de marca nas redes sociais. Apaixonado pola fotografía e o marketing dixital.
1  2  Seguinte