Eventos
Eventos
Buscador
04/09/2025 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Tes un bar, restaurante ou food truck? Aprende a crear neste obradoiro menús atractivos, promocións visuais e publicacións para as túas redes… todo dende Canva e sen necesidade de ser unha persoa experta en deseño. Aprenderás a deseñar menús dixitais e físicos, a crea stories e posts e a personalizar co teu estilo e cores corporativas. Mellorarás a túa presenza en liña e tamén como aforrar tempo usando a ferramenta de Canva. Índice de contidos: 1. Creación rápida de menús 2. Deseña os teus posts e historias 3. Tips e consellos O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
04/09/2025 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. A analítica web resulta fundamental á hora de coñecer que sucede no noso sitio web e se está aliñado cos nosos obxectivos de negocio. As ferramentas de analítica permiten descubrir que fai un usuario desde que entra na nosa web ata que a abandona. Neste taller veremos como utilizar a nova ferramenta Google Analytics para medir o comportamento dos usuarios e transformar os datos do noso sitio web en coñecemento para tomar mellores decisións de negocio. Índice de contidos: 1. Importancia da analítica web 2. Google Analytics: como funciona e implementación 3. Informes de Google Analytics 4. Definición de obxectivos 5. Métricas e KPI's para a toma de decisións O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
04/09/2025 12:00
Obradoiro en liña a través de Zoom. Aprende a dominar OrcaSlicer, un dos programas máis potentes para preparar os teus modelos 3D. Abordaremos como crear e optimizar perfís e materiais de impresión, fusionar ou dividir pezas, aplicar modificadores e outros trucos para sacar o máximo proveito da túa impresora. Aproveita as últimas funcionalidades e profesionaliza os teus proxectos, dende a idea inicial ata a peza final. Índice de contidos: 1. Configuración avanzada de perfís e materiais de impresión 2. Fusión e división precisas de pezas 3. Uso de modificadores e parámetros localizados 4. Optimización de soportes e estruturas internas 5. Integración con novas funcionalidades de impresión 3D en navegadores modernos O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro para o Desenvolvemento da Impresión 3D) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é administrador de redes e sistemas.
Rexistro
Calendario eventos
| « | Setembro 2025 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | |||||
- Affinity by Canva II - marca e coherencia09 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Planificación financieira para emprendedores10 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Crea campañas de nadal para aumentar as reservas do teu aloxamento11 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Affinity by Canva III - Affinity Photo: edición profesional12 de decembro de 2025 12:00Máis información
- A evolución dos pagos dixitais: Bizum, presente e futuro no eCommerce15 de decembro de 2025 12:00Máis información
- Ciberseguridade IV - redes: protexe os datos da túa empresa16 de decembro de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento