Eventos

Buscador

    a
Obradoiro en liña a través de Zoom.

Neste obradoiro, exploraremos que é unha páxina de destino e como podemos usala como parte importante da nosa estratexia de mercadotecnia dixital. A través de exemplos e empregando diferentes ferramentas, melloraremos as conversións para o noso negocio creando unha páxina de destino perfecta.

Índice de contidos:

1- Que é unha páxina de destino e por que a necesito?
2- Tipos de conversións e para que se usan.
3- Anatomía dunha páxina de destino: tipos e características.
4- Diferenzas entre unha páxina web e unha páxina de destino.
5- Ferramentas para crear unha páxina de destino.
6- Exemplos e casos de éxito.

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona con ampla experiencia e unha carreira profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e a mercadotecnia en liña.

Calendario eventos

« Setembro 2025 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento