Axudas e subvencións

Beneficiarios: "1. As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:

Sección G: comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas, divisións 45 a 47
Sección H: transporte e almacenamento, división 49 a 53
Sección I: hostalaría, división 55 a 56
Sección J: información e comunicacións, división 58 a 63
Sección K: actividades financeiras e de seguros, división64 a 66
Sección L: actividades inmobiliarias, división 68
Sección M: actividades profesionais, científicas e técnicas, división 69 a 75
Sección N: actividades administrativas e servizos auxiliares, división 77 a 82
Sección P: educación, división 85
Sección Q: actividades sanitarias e de servizos sociais, división 86 a 88
Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento, división 90 a 93
Sección S: outros servizos, división 94 a 96
2. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes."
Entidade: INEGA- Instituto Energético de Galicia (Galicia)
Plazo: O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 29 de xuño de 2023.
Estado: Activa - Vixente
Web: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN417Z&ano=2023&numpub=1&lang=gl

Descrición da axuda

1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos do sector servizos dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (código de procedemento IN417Z).

2. Convócanse para o ano 2023, en réxime de concorrencia non competitiva, segundo o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións para a mellora enerxética (en adiante, Bono enerxía peme). As solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases tramitaranse e resolveranse por orde de entrada da solicitude no rexistro, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión das axudas.

Xustifícase a excepcionalidade porque nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial en promover proxectos que fomenten un mellor uso da enerxía e contribúan a reactivar sectores de actividade fortemente afectados polas restricións derivadas da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 e actual carestía dos produtos enerxéticos que, cumprindo os requisitos especificados nas presentes bases, se poidan levar a cabo en Galicia. Así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que os proxectos subvencionables poidan ser atendidos en todo momento, mantendo a posibilidade de solicitude aberta de maneira continuada.

3. As presentes axudas destinadas a empresas incardínanse no réxime de axudas de minimis, establecido no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis; no Regulamento (UE) núm. 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola, e no Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xullo, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.

Neste caso deberase garantir que, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector do transporte de mercadoría por estrada, este límite redúcese a 100.000,00 euros. Para as empresas do sector da pesca, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar os 30.000,00 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000,00 euros durante calquera período de tres exercicios."

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.

« Maio 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento