Eventos

Buscador

    a
Este obradoiro será presencial en  A Estrada (Pza. Martínez Anido, 4 - 36680  Estrada).

Sintes que poderías organizar mellor o teu día a día, pero non sabes por onde comezar?

Neste obradoiro, descubrirás como sacar o máximo proveito de ferramentas gratuítas e potentes. Aprende a xestionar o teu tempo, os teus ficheiros e as túas comunicacións de forma eficiente e sinxela, desde calquera dispositivo.

Ideal para emprendedores, autónomos e pequenas empresas que queiran dixitalizarse sen complicacións.

Índice de contidos:
1. Por onde comezar? Claves para mellorar a xestión diaria
2. Google Drive: organiza e comparte os teus arquivos na nube
3. Google Calendar: planificación e control do teu tempo
4. Gmail, Docs e Sheets: comunicación e produtividade en equipo
5. Google My Business: presenza online do teu negocio
6. Boas prácticas e trucos para traballar dende calquera dispositivo

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa