Eventos
Eventos
Buscador
22/07/2025 10:00
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme. Este obradoiro será presencial en Ponteareas (Plaza Mayor, 13; 36860 - Ponteareas) Introducirémoste nunha metodoloxía clave para emprendedores e equipos de innovación: un enfoque sistemático para descubrir, comprender, validar e atender aos teus clientes reais, máis aló dos supostos iniciais. Este enfoque é fundamental para quen desenvolva unha nova idea de negocio, lance un produto innovador ou busque adaptar o seu modelo actual ao que realmente necesita o mercado. Índice de contidos: 1. Descubrimento de clientes 2. Validación do cliente 3. Xeración de clientes 4. Creación da empresa O obradoiro será impartido por Sabela Álvarez, asesora de emprendemento, licenciada en comunicación e formadora acreditada; con máis de 10 anos de experiencia en empregabilidade, emprego e emprendemento.