Axudas e subvencións

Beneficiarios: Persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que contraten a unha persoa traballadora, ben sexa no caso de finalizado o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, ou ben en calquera momento en que o precisen para apoiar o coidado de menores e/o maiores e dependentes, e segundo o disposto nesta orde.
Entidade: Consellería de Empleo e Igualdad
Plazo: Hasta el 30 de septiembre de 2022.
Estado: Activa - Vixente
Web: https://www.infoayudas.com/Infoayudas-Ayudas-para-la-conciliacion-de-la-persona-trabajadora-autonoma-Convocatoria-2022--111567.php

Descrición da axuda

Aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública das axudas á conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TR341R). Mediante as axudas reguladas nesta orde permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade e consolidación do seu proxecto empresarial, contribuído a mitigar os graves prexuízos que nos traballadores e traballadoras autónomas provocou o brote da Covid-19 en Galicia.

Aviso legal

  • A Deputación de Pontevedra non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que se puidesen producir nos datos ou documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización.
  • A información ofrecida por este medio faise únicamente a título informativo, e a Deputación de Pontevedra resérvase o dereito de suspender a súa difusión total ou parcialmente e de modifica-la estructura e contidos deste sitio sen previo aviso.
  • A Deputación de Pontevedra facilita a consulta libre e gratuita desta información, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que a fonte sexa citada, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilicen directamente con fins comerciais.