Eventos
Eventos
Buscador
22/10/2019 17:00
Ter instalado un sistema de reservas e dispoñibilidade online na nosa páxina web fará que o noso negocio turístico aumente a súa visibilidade e éxito na internet. Así atraerermos máis turistas, que poderán reservar antes o noso aloxamento, actividades ou servizos turísticos, coa fiabilidade de unha reserva e dispoñibilidade asegurada. Deste xeito a nosa páxina web será unha plataforma interactiva de vendas para aforrar tempo e incrementar os beneficios. Contidos: ¿Qué é un motor de reservas? ¿Qué é un channel manager? Vantaxes de dispor de un sistema de reservas e dispoñibilidade online. Exemplos de sistemas de reservas para negocios turísticos e as súas funcionalidades. Nivel: Intermedio O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
22/10/2019 19:00
Aprenderás con estes plugins ha realizar copias de seguridade da túa web, traducir a túa web a varios idiomas, ampliar as ferramentas de ortografía, formatos e fontes nas túas entradas e páxinas, realizar pop ups, descarga de documentos en diferentes formatos, dar distintos roles e permisos á hora de administrar a nosa web, mellora a rapidez de carga, asesor de cookies, posicionamento, galerías de imaxes, creador de logotipos. Seguro que poderás mellorar a túa web e ampliar os teus coñecementos á hora de coñecer todo este tipo de axudas e vantaxes. Índice de contidos: • Que é un Plugin de WordPress? • Instalación de Plugins en WordPress • Listas de plugin, función, nome e autor • Vídeos de manexo e configuración dos plugins O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
22/10/2019 19:00
Neste obradoiro veremos como integrar o vídeo na túa estratexia de marketing online, recomendacións para realizar vídeos que provoquen engagement entre a túa audiencia e cales son as redes sociais (YouTube, Facebook...) que che facilitaran a tarefa de difundilos. Índice de contidos • Vídeo marketing y razóns polas que incluílo na túa estratexia • Youtube • Vídeo noutras redes sociais: Facebook, etc. • Aspectos técnicos e estéticos para a realización de vídeos O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
22/10/2019 19:00
O Social Media Listening é unha ferramenta do márketing dixital que che permite crear contido co que crear engagemente coa túa marca. Para iso supervísanse as conversacións en redes sociais co obxectivo de escoitar, analizar e mellorar os nosos produtos ou servizos adaptándoos ao consumidor. Índice de contidos: • Que é o Social Media Listening? • Por que utilizalo? Vantaxes • Aspectos crave • Ferramentas • Casos de éxito • Recomendacións finais O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Rexistro
Calendario eventos
« | Outubro 2019 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
- Copywriting para web e redes sociais14 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Canva dende cero para impulsar o teu negocio15 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google16 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Como calcular a rendabilidade do teu aloxamento17 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Desenvolvemento de clientes paso a paso: explora, valida e lanza22 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Aplicacións de IA para automatizar procesos na túa empresa I23 de xullo de 2025 17:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento