Eventos
Eventos
Buscador
26/01/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma. Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. Índice de contidos • Estratexia de contidos • Marcas nas que inspirarte Nivel: iniciación O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Inscricións a través da seguinte ligazón:
26/01/2021 18:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Cada vez é máis común visitar unha páxina web ou facer unha compra en liña acompañados por unha persoa empregada do negocio que nos guía e axuda nese trámite a través dun chat. É por iso, que os chats constitúen unha ferramenta idónea para mellorar a nosa canle de atención ao cliente e aumentar a súa confianza e fidelidade. Neste obradoiro coñecerás cáles son as vantaxes destas ferramentas, coñecerás en vivo cál é o funcionamento básico e outras opcións para todo tipo de xestores de contidos. O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. Inscricións a través da seguinte ligazón:
27/01/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. A propiedade industrial (patentes, marcas comerciais e deseños) representa ata o 80% do valor das empresas máis valiosas do mundo. Neste taller veremos como un uso estratéxico destas ferramentas pode axudar a situar a súa marca como punto de referencia. - Introdución Que é a propiedade industrial? - Diferentes figuras da propiedade industrial (patentes, marcas comerciais, deseños industriais) - Marcas tradicionais e novas: marcas olfactivas especiais, de envases, 3D e de posición. - Exemplos de uso da marca. - Para que serven? Cales son as vantaxes e dereitos que ofrecen? - Importancia das marcas comerciais nas exportacións. - Exemplo de convivencia entre marcas. - Como saber se a miña marca rexistrada non é viable - Que facer se un terceiro usa a miña marca. - Solucións a problemas comúns. - Preguntas e dúbidas. O obradoiro será impartido por Román Pérez, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Propiedade Intelectual pola Universidade Autónoma de Madrid. Roman Pérez é avogado e representa a clientes (desde startups a multinacionais) na defensa dos seus dereitos de propiedade industrial tanto a nivel nacional como internacional. Inscricións a través da seguinte ligazón:
27/01/2021 19:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Traballar o SEO é a mellor forma de que os usuarios de Google poidan atoparche por medio das procuras que realizan. Neste primeiro taller achegarémonos aos conceptos básicos que o compoñen e veremos o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores, aumentando así o tráfico de usuarios ou clientes. Índice Contidos 1. Introdución e Conceptos Básicos SEO. 2. Que son e para que serven as palabras crave? Deseña a túa estratexia. 3. Factores SEO técnico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online. Inscricións a través da seguinte ligazón:
28/01/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. 1- Nozzle e a altura de capa 2- Tipos de Nozzle 3- Usos dos distintos Nozzles 4- Materiais O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación. Inscricións a través da seguinte ligazón:
29/01/2021 11:00
Obradoiro telemático a través de Zoom O obxectivo deste taller será aprender como funcionan as novas redes sociais e sacar o máximo rendemento ás que xa existían anteriormente para innovar a imaxe do noso establecemento turístico. Os principais puntos do taller son: 1) Por que necesitamos as RRSS en turismo? 2) Etapas de compra dun turista 3) O poder dos Stories en Turismo 4) WhatsApp Business 5) Tik Tok 6) Redes alternativas O taller será impartido por Mariana Rosa, Técnica superior en Axencia de viaxes e xestión de eventos e Graduada en Turismo, que conta cunha gran experiencia no ámbito da comunicación turística e os seus beneficios para este sector. Inscricións a través da seguinte ligazón:
02/02/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. No mundo dixital a nosa web debe estar adaptada a calqueira dispositivo, dende un smartphone ata un ordenador con pantalla retina, pero nunca debe perder a rapidez á hora de cargar. As imaxes son un dos factores que más influen no tempo de carga da nosa web, e un dos que podemos controlar con maior facilidade. Neste obradoiro aorenderemos diferentes técnicas para lograr optimizar as imaxes e que a nosa web vse visualice no menor tempo posible e desta maneira mellorar o SEO. Optimización de imaxes: mellora a velocidade da túa web. 1. Que é a optimización e porque debemos utilizala 2. Cómo ve-lo peso da nosa web 3. Tamanos segundo a orixe da imaxe 4. Técnicas de optimización 5. Formatos de imaxes comprimidas 6. Plugins de wordpress para comprimir imaxes. 7. Práctica: photopea e compresores en liña. O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa Inscricións a través da seguinte ligazón:
03/02/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom Neste obradoiro poderás coñecer cómo crear unha campaña de publicidade en Facebook Ads dunha maneira eficiente e práctica. Ideal para aquelas persoas que se inician no eido da publicidade de pago, coñecerán como segmentar e deseñar un anuncio publicidade baixo os obxectivos prefixados da campaña. O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa Inscricións a través da seguinte ligazón:
04/02/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. 1- Resinas 2- Filamentos 3- Fichas técnicas 4- Piezas impresas 5- Instalación de Cura O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación. Inscricións a través da seguinte ligazón:
05/02/2021 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom No obradoiro Introdución a Google Adwords veremos os conceptos básicos de Google Ads, como navegar pola interface da ferramenta e como crear a túa primeira campaña do xeito adecuado. Índice de contidos: 1. Introdución a Google Ads 2. Como funciona Google Ads 3. Glosario de termos 4. Boas prácticas coas campañas de anuncios de Google 5. Creación e activación dunha campaña O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce. Inscricións a través da seguinte ligazón:
Rexistro
Calendario eventos
« Outubro 2019 »
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
- Como utilizar Instagram para promover a túa empresa II26 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
- Ferramentas de chat e atención ao cliente26 de xaneiro de 2021 18:00Máis información
- O valor que as marcas dan ás empresas27 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
- Iniciación ao SEO I: conceptos, palabras clave e primeiros pasos27 de xaneiro de 2021 19:00Máis información
- Impresión 3D III - Nozzles, tipos e usos28 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
- Redes sociais para establecementos turísticos29 de xaneiro de 2021 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento