Eventos
Eventos
Buscador
10/10/2019 17:00
Las novas tecnoloxías están a cambiar de forma moi rápida os métodos de produción tradicionais, un conxunto destas novas tecnoloxías é o que se coñece como Fabricación Dixital. Índice de contidos: Planificación proxecto persoal, debuxo, laminación e impresión 3D dunha peza de libre elección. FreeCad II: Diferencias Cilindros Arrays, ortogonal e polar Redondeos, chaflanes e reforzos Exercicios Impresión 3D II: Software de laminación CURA Impresión práctica O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
10/10/2019 18:00
A estética nas nosas redes sociais cada día xera máis importancia, xa non só é importante publicar contido interesante se non que debe ir acompañado dunha imaxe traballada e que chame a atención. Unha boa imaxe, ademais de estar preparada á hora de fotografar, debemos poder darlle outro estilo, incluír información ou potenciala a través de algo de edición fácil e rápida co noso Smartphone. Neste taller veremos as apps de edición, deseño e creación de vídeo máis populares e útiles para sacar partido ás nosas redes sociais. (Realizaremos prácticas co teléfono para cada unha das apps que se expliquen no taller, recomendamos traer os vosos smartphones). 1. Tipos de publicacións en Instagram. 2. A importancia da imaxe nas Redes sociais. 3. Apps de edición de fotografía. 4. Apps de deseño. 5. Apps con outras aplicacións. 6. Apps de edición de vídeo. O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
10/10/2019 18:00
O obxectivo deste taller será optimizar e profesionalizar a túa páxina de Facebook como os profesionais. É recomendable ter unha páxina creada xa que, a partir dela, profundaremos nos temas clave nos que debemos traballar para que teña maior visibilidade 1) Alcance en Facebook: Que é e como melloralo 2) Píxel de Facebook. 3) Facebook Messenger e BOT de Messenger 4) Botón de WhatsApp en Facebook 5) Mellores ferramentas para crear imaxes en Redes Sociais 6) Insignias e verificación 7) Crear sorteos e concursos con Facebook O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
10/10/2019 18:00
Obradoiro dirixido a pemes e autónomos, que tratará de amosar o uso do comercio electrónico dende a plataforma Prestashop. Veranse aqueles aspectos máis relevantes do comercio electrónico á hora de crear a nosa tenda en liña, ademais do proceso de instalación da plataforma. Contido: Introdución ao Comercio Electrónico Aspectos a ter en conta nunha tenda online PrestaShop: Concepto e proceso de instalación Instalación dunha persoal Personalización dunha persoal Recursos WEB Organización do noso e- commerce Tenda configurada: Xestión de Pedidos e de Clientes Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
Rexistro
Calendario eventos
« | Outubro 2019 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
- Impresión 3D no 2025, Slicers actuais 3/4, accións avanzadas01 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet02 de xullo de 2025 11:00Máis información
- O teu plan de márketing dixital paso a paso03 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Crea a túa páxina web con Elementor07 de xullo de 2025 11:00Máis información
- CRO: consegue que tu web venda (máis)08 de xullo de 2025 11:00Máis información
- Kit Dixital: como sacarlle o máximo proveito10 de xullo de 2025 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento