Eventos
Eventos
Buscador
17/10/2023 12:00
A análise de datos resulta fundamental á hora de definir estratexias no noso negocio. Tomar decisións correctas transformando datos en coñecemento axúdanos a obter mellores resultados con menos esforzo e, en definitiva, a ser máis felices. Este é o concepto do Data Driven Marketing: Estratexias baseadas na análise de datos. Neste obradoiro veremos exemplos nos que a analítica dixital é un piar fundamental no desenvolvemento de negocio, pero tamén en moitas disciplinas do márketing, axudando a tomar as mellores decisións en cada proxecto. Contido: - Importancia da Analítica Dixital - Desenvolvemento de negocio baseado en datos - SEO baseado en datos - Redes Sociais baseadas en datos - SEM baseado en datos - Deseño baseado en datos - Copywriting baseado en datos O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Rexistro
Calendario eventos
« | Outubro 2023 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
- O teu contido efémero: Stories en Facebook e Instagram13 de decembro de 2023 12:00Máis información
- Márketing social: estratexias dixitais para entidades do terceiro sector13 de decembro de 2023 18:00Máis información
- Intelixencia Artificial, iniciación con robots14 de decembro de 2023 12:00Máis información
- CRO: Como mellorar as ventas da túa web18 de decembro de 2023 12:00Máis información
- Copywriting para empresas turísticas20 de decembro de 2023 12:00Máis información
- Novas tendencias en turismo: Turismo Petfriendly20 de decembro de 2023 17:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento