Eventos

Buscador

    a
O obxectivo deste taller a introdución na creación de Aplicacións para dispositivos Android desde o punto de vista da robótica. Crearemos unha APP que sexa capaz de comunicarse bidireccionalmente coa placa Arduino, será capaz de enviar e recibir datos en tempo real; para iso, deseñaremos unha APP para controlar un robot con sensores de ultrasóns, debe funcionar en modo manual e automático á vez que mostrará a lectura do sensor en pantalla. O soft empregado para crear a APP é App Inventor e o soft para programar a placa Bitbloq.

Aínda que con App Inventor partimos desde 0, se é necesario ter coñecementos previos de programación con Arduino ou estar familiarizado coa contorna de programación de Bitbloq.

É recomendable traer o seu propio portátil e un dispositivo (móbil ou Tablet) Android. IO non vale. Tambien é necesario ter unha conta de GOOGLE.

Contido:
1-	Conexión  Bluetooth con App Inventor
2-	Programación de App para mover un robot, avanzar e retroceder
2.1-  Bitbloq programación básica
    2.2- App inventor programación avanzar e retroceder
    2.3- Melloras da interface gráfica
3- Engadindo xiros á APP, dereita e esquerda
    3.1 - Bitbloq, programando con funcións e engadindo xiros
    3.2- App Inventor, engadindo os xiros

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
(ESTE OBRADOIRO IMPARTIRASE NA SALA DE XUNTAS DO CENTRO COMERCIAL AROUSA)

Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas.

Contido:
• Introdución ao E-mail Marketing
• Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing
• Deseño en E-mail Marketing
• Ferramentas
• Recomendacións para crear campañas perfectas

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma.

Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. 

Índice de contidos

• Introdución a Instagram
• Por que a miña empresa debería estar en Instagram?
• O perfil de empresa en Instagram
• Estratexia de contidos
• Marcas nas que inspirarte

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Desde a súa popularización, o fin último das redes sociais non foi a venda directa, senón o “social selling”. É dicir, a súa utilización por parte de negocios ou profesionais consistía en conectar e fomentar conversacións con posibles clientes e clientes, co fin de establecer unha relación de confianza e acompañalos no proceso de compra. 
Pero, e se unha vez afianzada esta relación de confianza, sen saír da rede social, permitimos que os nosos clientes dispoñan do noso catálogo de produtos para a súa compra (case) directa? Dous das redes con máis usuarios activos na actualidade, Facebook e Instagram, xa o permiten, e neste taller veremos os requisitos, configuración e estratexias para implementar o noso catálogo de produtos en Facebook e poder compralo directamente desde as nosas publicacións en Facebook e Instagram.

Índice de contidos

- Introdución: As RRSS como ferramenta de venda directa
- Crea a túa tenda en Facebook
- Vende a través de Instagram
- Exemplos de éxito

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.

Contido:
1. Que significa emprender
2. Casos de emprendemento locais
3. Como detectar oportunidades
4. Ferramentas necesarias para o emprendemento


O taller será impartido por Avelino Correa, fundador da APP CreapCuentos. Colaborador de eventos de emprendemento, con máis de 16 anos de experiencia no campo da Tecnoloxías de Información e Comunicación.