Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Aprenderás con estos plugins ou complementos de Wordpress a ter unha web moito máis robusta, xa que con eles podemos perfeccionar ou directamente agregar funcionalidades á nosa web. Poderemos realizar diferentes tarefas en áreas como:
Funcións de administrador do site, google, redes sociais, ecommerce, SEO, correo electrónico, galería de imaxes, analítica, idiomas, entre outros.

De seguro que poderás mellorar a túa web e ampliar os teus coñecementos á hora de coñecer todo este tipo de axudas e vantaxes.

Índice de contidos:

•Que é un plugin ou complementos de WordPress?
•Categorías de plugin ou complementos en WordPress.
•Como usar un plugin ou complementos.
•Listas de plugin ou complementos, máis usados, función.
•Edición dun plugin.

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.