Eventos
Eventos
Buscador
22/06/2023 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Google Analytics evolucionou. O modo no que Google recompila a información dos usuarios que acceden á nosa web e o modo no que nola mostra para a súa análise, cambiou para sempre. Esta evolución materialízase nunha nova ferramenta: Google Analytics 4. Este obradoiros realiza unha primeira aproximación a esta ferramenta, fundamental para calquera sitio web. Poñeranse de manifesto as diferenzas co actual Google Analytics (Universal), veremos como configurala e como comezar a sacarlle partido, de modo que nos axude na toma de decisións do noso negocio. Índice: 1. Google Analytics: Comparativa de versións 2. Crear propiedade de Google Analytics 4 3. Interface, informes e configuracións recomendadas 4. Comprende aos visitantes da túa web O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
22/06/2023 12:00
Obradoiro telemático a través de Zoom. Coñecidos os elementos dun Plan de empresa e posto en marcha o negocio os resultados non sempre son os esperados. Analizaranse as fases críticas do proxecto, as calidades do emprendedor -que se teñen que mellorar e actualizar- e algúns dos erros habituais así como accións para superalos. CONTIDO: - Presentación breve de SECOT - O emprendedor e as súas calidades - A actividade empresarial - Plan de Negocio: Inicio e fases críticas - Erros habituais - Proposta de valor e pmv - Limiar de rendibilidade Obradoiro impartido por Ramón Santorio, presidente do SECOT en Vigo e graduado en Enxeñería Industrial pola Universidade de Vigo.
22/06/2023 17:00
Obradoiro telemático a través de Zoom O obradoiro de finanzas para non financeiros proporcionará coñecementos financeiros básicos e fáciles de asimilar para perfís non financeiros, co fin de que os responsables dunha empresa poidan participar no proceso de toma de decisións executivas dunha maneira consciente e responsable. Na primeira parte falaremos do PGC, e mais concretamente do balance e a conta de resultados, e na segunda parte, centrarémonos no ámbito fiscal, dando un repaso aos principais impostos existentes na actualidade no noso país. Faremos exercicios prácticos co fin de poder visualizar mellor a teoría vista e finalizaremos con dez minutos de distensión a través dun “Kahoot”, onde se poñerá a proba a asimilación de coñecementos dos participantes. ÍNDICE: • As obrigacións contables e as contas anuais • Patrimonio da empresa • Balance de situación • Fiscalidade empresarial • Imposto de sociedades, IRPF, IVE e IAE O obradoiro será impartido por Paz Ares, Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo na especialidade de economía pública, cun Máster en Formación do profesorado pola Universidade de Vigo, e experiencia profesional no sector financeiro e educativo.
Rexistro
Calendario eventos
« | Xuño 2023 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
- SEO para e-commerce: Posiciona a túa tenda en liña en Google27 de setembro de 2023 12:00Máis información
- Redacta os textos da túa web ou tenda en liña para posicionarche en Google27 de setembro de 2023 17:00Máis información
- CHAT GPT e Stable Diffusion, aprende o seu funcionamento II28 de setembro de 2023 12:00Máis información
- WhatsApp Business para alugueiro vacacional28 de setembro de 2023 17:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing02 de outubro de 2023 10:30Máis información
- Optimiza a túa canle de YouTube04 de outubro de 2023 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento