Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom.

A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Daremos a coñecer a ferramenta WhatsApp Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería WhatsApp. Con esta app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes.

Índice de contidos:
 -Introdución a WhatsApp
 -Whatsapp vs. WhatsApp Business
 -Crear unha conta en WhatsApp Business
 -Novas funcionalidades

O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.