Eventos
Eventos
Buscador
13/05/2020 12:00
Ter instalado un sistema de reservas e dispoñibilidade online na nosa páxina web fará que o noso negocio turístico aumente a súa visibilidade e éxito na internet. Así atraerermos máis turistas, que poderán reservar antes o noso aloxamento, actividades ou servizos turísticos, coa fiabilidade de unha reserva e dispoñibilidade asegurada. Deste xeito a nosa páxina web será unha plataforma interactiva de vendas para aforrar tempo e incrementar os beneficios. Contidos: ¿Qué é un motor de reservas? ¿Qué é un channel manager? Vantaxes de dispor de un sistema de reservas e dispoñibilidade online. Exemplos de sistemas de reservas para negocios turísticos e as súas funcionalidades. Nivel: Intermedio O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
13/05/2020 17:00
Desde a súa popularización, o fin último das redes sociais non foi a venda directa, senón o “social selling”. É dicir, a súa utilización por parte de negocios ou profesionais consistía en conectar e fomentar conversacións con posibles clientes e clientes, co fin de establecer unha relación de confianza e acompañalos no proceso de compra. Pero, e se unha vez afianzada esta relación de confianza, sen saír da rede social, permitimos que os nosos clientes dispoñan do noso catálogo de produtos para a súa compra (case) directa? Dous das redes con máis usuarios activos na actualidade, Facebook e Instagram, xa o permiten, e neste taller veremos os requisitos, configuración e estratexias para implementar o noso catálogo de produtos en Facebook e poder compralo directamente desde as nosas publicacións en Facebook e Instagram. Índice de contidos: - Introdución: As RRSS como ferramenta de venda directa - Crea a túa tenda en Facebook - Vende a través de Instagram - Exemplos de éxito O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Rexistro
Calendario eventos
« | Maio 2020 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Canva dende cero para impulsar o teu negocio15 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google16 de xullo de 2025 12:00Máis información
- Como calcular a rendabilidade do teu aloxamento17 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Desenvolvemento de clientes paso a paso: explora, valida e lanza22 de xullo de 2025 10:00Máis información
- Aplicacións de IA para automatizar procesos na túa empresa I23 de xullo de 2025 17:00Máis información
- Ferramentas de Google para usar no día a día do teu negocio28 de xullo de 2025 11:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento