Eventos

Buscador

    a
Obradoiro transmitido por Zoom

Desde a súa popularización, o fin último das redes sociais non foi a venda directa, senón o “social selling”. É dicir, a súa utilización por parte de negocios ou profesionais consistía en conectar e fomentar conversacións con posibles clientes e clientes, co fin de establecer unha relación de confianza e acompañalos no proceso de compra. Pero, e se unha vez afianzada esta relación de confianza, sen saír da rede social, permitimos que os nosos clientes dispoñan do noso catálogo de produtos para a súa compra (case) directa? Dous das redes con máis usuarios activos na actualidade, Facebook e Instagram, xa o permiten, e neste taller veremos os requisitos, configuración e estratexias para implementar o noso catálogo de produtos en Facebook e poder compralo directamente desde as nosas publicacións en Facebook e Instagram.

Índice de contidos:

- Introdución: As RRSS como ferramenta de venda directa
- Crea a túa tenda en Facebook
- Vende a través de Instagram
- Exemplos de éxito

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.

Inscricións na seguinte ligazón:
Obradoiro transmitido por Zoom

Aprenderás con estos plugins ou complementos de  Wordpress a ter unha web moito máis  robusta, xa que con eles podemos perfeccionar ou directamente agregar funcionalidades á nosa web. Poderemos realizar diferentes tarefas en áreas como:
Funcións de administrador do  site,  google, redes sociais,  ecommerce, SEO, correo electrónico, galería de imaxes, analítica, idiomas, entre outros.

De seguro que poderás mellorar a túa web e ampliar os teus coñecementos á hora de coñecer todo este tipo de axudas e vantaxes.

Índice de contidos:

•Que é un  plugin ou complementos de WordPress?
•Categorías de plugin ou complementos en WordPress.
•Como usar un plugin ou complementos.
•Listas de  plugin ou complementos, máis usados, función.
•Edición dun  plugin.

O obradoiro será impartido por Guillermo  Nass,  TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de  Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.