Eventos

Buscador

    a
 Obradoiro telemático a través de Zoom

Tripadvisor converteuse en apenas 20 anos nunha das maiores plataformas de viaxes do mundo con innumerables artículos, opinións, fotografías e vídeos inspiradores. Neste portal online os viaxeiros poeden ter información de valor para planificar mellor as súas viaxes e atopar fácilmente o seu voo, hotel, experiencia ou restaurante, comparar prezos e facer reservas.
Coa súa última actualización Tripadvisor volveuse unha ferramenta máis personalizada e social coa que poder colaborar con outros, crear listas e seguir a familiares e amigos.
Os viaxieros comparten e acceden a centos de millóns de opinións e contido relacionado con viaxes e as valoracións e a reputación das empresas turísticas son un elemento estratéxico que repercute no volume de vendas.

Contidos:
Qué é TripAdvisor?
Para qué serve?
Cómo funciona o seu ranking?
Cómo dar de alta a túa empresa?
Boas prácticas para incrementar as reseñas

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Obradoiro telemático a través de Zoom

O email márketing segue a ser unha ferramenta esencial na estratexia de márketing dixital de todo negocio. Tanto é así, que existen ferramentas que nos axudan a que este proceso se convirta en áxil, eficiente e rápido. Neste obradoiro, aprenderemos e coñeceremos a ferramenta Sendinblue e cómo sacarlle o mellor partido. Crearemos campañas de email, editaremos plantillas, comprobaremos para que serve cada sección da ferramenta e deixarémola configurada correctamente para mellorar a nosa produtividade.

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.

Inscricións a través da seguinte ligazón: